Charla Julia Lago

Dentro das actividades realizadas para conmemorar o Día da Ilustración, e grazas á proposta que nos chegou a través de AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración), a principios de febreiro o alumnado de 2º de BAC tivo a oportunidade de asistir á charla que impartiu a ilustradora Julia Lago. 

Resultounos especialmente agradable a presenza de Julia xa que foi alumna nosa hai uns anos, e xa sabedes o que nos gusta que os nosos antigos alumnos volvan ao noso centro e compartan o seu camiño na vida.










Comentarios