LER EN DIXITAL, BIBLIOTECAS GALEGAS
As bibliotecas públicas da cidade de A Coruña, tanto as municipais, como a da Xunta de Galicia, como a da Deputación, ofrecen un servizo de lectura en dixital gratuitamente.
Cremos que poden resultarvos de moito interese, sobretodo para poder acceder á lectura de libros marcados como obrigatorios nalgunhas materias, sendo que nós non podemos contar con exemplares en papel suficientes para todo o alumnado.
SERVIZO GALICIA LE: para os socios das Bibliotecas Municipais e a da Xunta de Galicia, Miguel González Garcés - Elviña
Bibliotecas Municipais da Coruña:
- Podedes solicitar o carné da biblioteca presencialmente ou desde este enlace.
- Acceso e instrucións á plataforma de préstamo dixital aquí.