O Club de Manga volveuse reunir. Falamos de moitas das lecturas das últimas semanas e eliximos un logo que nos representase:
Recompilación das actividades dos distintos departamentos en colaboración coa biblioteca, que aparecen orixinalmente no blog do instituto:
- Concurso-exposición de lettering (EDLG).
- Caligramas para Rosalía (EDLG).
- Mes do amor (Dpto. de Latín e Grego).
- Corazóns en Latín (Dpto. de Latín e Grego).
- Investigando sobre a cor (Dpto. Artes Plásticas).
Unha das seccións de libros informativos máis destacadas na biblioteca é a de libros de arte, dado o tipo de ensinanzas que ofrecemos no noso centro, concretamente o Bacharelato de Artes.
Na materia de Técnicas de expresión gráfico-plástica, de 2º de Bacharelato, levamos a cabo unha actividade de investigación sobre o uso da cor en obras pictóricas, na que fixemos uso dos recursos cos que contamos.
A nosa biblioteca escolar, por estar integrada no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia), conta cun novo servizo de préstamo de libros e contidos dixitais para todo o alumnado e persoal do centro. O catálogo conta cun volume inicial de máis de 300 títulos, dispoñibles para ler en pantalla en ata 6 dispositivos (computador e dispositivos móbiles).O alumnado poderá obter en préstamo ata 2 títulos de xeito simultáneo, dun máximo de 10 títulos no presente curso escolar.
Este ano celébrase o centenario da actriz coruñesa María Casares (1922-2022), filla do que foi Presidente da República. A Biblioteca de Estudos Locais convídanos a conmemoralo compartindo connosco esta guía de lectura dixital: