O mes de octubro rematou coa nosa mesa de novidades chea de libros relacionados coa temática do terror. Acompañáronnos algunhas cabazas e arañas coas súas teas, que daban un pouco de medo
Na biblioteca tamén nos gusta celebrar o Samaín!
Na biblioteca tamén nos gusta celebrar o Samaín!
Se pinchas nas imaxes poderás ver máis.
O pasado 24 de octubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas no noso centro convidando aos nosos alumnos a libros. Sacamos unha das nosas mesas ao vestíbulo e ofrecemos libros de balde a quen os quixese levar. Temos que dicir, con moita satisfacción, que duraron bastante pouco.
Ademáis, puidéchedes desfrutar de fragmentos dalgúns dos libros favoritos dos nosos lectores expostos nas escaleiras, algúns deles moi ben ilustrados.
Se pinchades nas imaxes podedes ver máis fotografías dese día.