Este ano celébrase o centenario da actriz coruñesa María Casares (1922-2022), filla do que foi Presidente da República. A Biblioteca de Estudos Locais convídanos a conmemoralo compartindo connosco esta guía de lectura dixital:
Na última actividade do Club de Lectura de Manga tivemos a oportunidade de gozar dos mangas da colección do noso compañeiro César. Moitas grazas por darnos esa oportunidade de ter nas nosas mans verdadeiras xoias do xénero!
Compartimos desde aquí o vídeo do programa informativo T.I.C TAC News, elaborado pola nosa alumna colaboradora da biblioteca, Raquel González Calvo, de 2º de Bacharelato D, que nos presenta ás Top Secret Rosies, nun traballo de visibilización da muller no mundo das TIC.
As Top Secret Rosies traballaron como programadoras do computador ENIAC, durante a 2ª Guerra Mundial.Estupendo informativo, Raquel!