A nosa biblioteca en dixital

By AdormiBIBLIO - 22.3.22




A nosa biblioteca escolar, por estar integrada no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia), conta cun novo servizo de préstamo de libros e contidos dixitais para todo o alumnado e persoal do centro. O catálogo conta cun volume inicial de máis de 300 títulos, dispoñibles para ler en pantalla en ata 6 dispositivos (computador e dispositivos móbiles).

O alumnado poderá obter en préstamo ata 2 títulos de xeito simultáneo, dun máximo de 10 títulos no presente curso escolar.

Podedes continuar vendo a información no icono ELBE da barra lateral.

  • Share:

Tamén podes ler...

0 comments