Estas últimas semanas, as nosas alumnas voluntarias colaboraron na catalogación dos libros da biblioteca, colocando libros nos andeis e preparando a decoración das exposicións, actualizando a carteleira, ordenando películas e axudando coa sinalética, entre outras tarefas. Moitas grazas a todas!
Unha das actividades desenvolvidas polo noso alumnado axudante voluntario da biblioteca é o deseño dos carnets que os identifican, que temos que agradecer á nosa alumna Elba Meléndrez Bergantiños, de 1º de Bacharelato B.
Cando pasedes pola biblioteca, xa sabedes a quen vos podedes dirixir para pedir axuda!