A unha parte do noso alumnado gustaríalles enfocar os seus estudos futuros hacia o Deseño de Interiores para ser futuros interioristas, por iso parécenos interesante compartir convosco esta recompilación de interioristas destacados do 2021 segundo a revista AD.
Esta semana celebramos o aniversario do nacemento do poeta Lois Pereiro e o próximo mes de maio conmemoraremos os 25 do seu falecemento. En 2011 adicóuselle o Día das Letras Galegas. As cifras quédanse curtas para falar dun poeta ao que o Equipo da Biblioteca lle temos especial cariño.
Non vos perdades os vídeos homenaxe que estes días está publicando o Ateneo Casino desde a súa terra nai, Monforte de Lemos, nos que moitos personaxes coñecidos da cultura galega interpretan os seus poemas.
Sé genial é unha ferramenta de Google, para axudar aos máis pequenos a aprender os conceptos fundamentais de cidadanía dixital e seguridade e que poidan explorar con confianza o mundo en liña.
Iniciativa da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Dirixido a escolares de educación secundaria onde diferentes investigadoras dan a coñecer dun xeito sinxelo e próximo a súa traxectoria científica e vital, co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica. Incitan á pregunta, que deberiades gravar e enviala antes do 31 de marzo de 2021 mediante o código QR que aparece no audiovisual, xa que vos responderán e, ademais, entraredes no sorteo dunha visita ao seu lugar de traballo. Animádevos!