A semana do Samaín na nosa Biblioteca encheuse de monstruos e libros arrepiantes. Aos primeiros ímnolos deixar marchar, pero aos segundos mellor lles buscamos un lugar na nosa casa, porque semellan moi divertidos:
O pasado 24 de octubro celebramos o Día Internacional da Biblioteca con dúas actividades que xa empezan a ser tradición no noso centro.
Os alumnos tiveron a oportunidade de levarse uns libros de regalo para disfrutalos nos seus fogares e moitos aproveitaron a ocasión. As fotos do antes e despóis da nosa mesa falan por si soas!
Os alumnos tiveron a oportunidade de levarse uns libros de regalo para disfrutalos nos seus fogares e moitos aproveitaron a ocasión. As fotos do antes e despóis da nosa mesa falan por si soas!
Podedes ver máis imaxes neste enlace.
Os nosos invitados italianos xa están connosco e estamos pasando unha semana estupenda.
Recordámosvos que o curso pasado o grupo da Biblioteca con Lucía Sáez á cabeza, empezou a organizar esta actividade de intercambio co instituto italiano Liceo Científico Mascheroni de Bérgamo. Durante unha semana do mes de abril, un grupo dos nosos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, acompañados de Inés, María e Lucía, estivemos visitando varias cidades italianas, tal como podedes ver neste artigo do blog do instituto. Agora tócanos a nós facer de anfitrións cos nosos compañeiros.
Queremos amosarvos hoxe algunhas imaxes das actividades que levamos a cabo estes días nos que visitamos varios lugares da nosa cidade, paseamos os tellados da catedral de Santiago e mesmo fomos recibidos polo alcalde no Concello da Coruña. Podedes ver máis imaxes neste enlace.

Este fin de semana toca recordar o ben que o pasamos o curso pasado no intercambio con Italia e estamos agardando impacientes aos nosos invitados, que chegan este fin de semana! 🇮🇹
Moitas grazas, Lucía Sáez por traernos esta actividade tan interesante ao grupo da Biblioteca e ao noso centro!
Ola a todos e benvidos a un novo curso na biblioteca do I.E.S Plurilingüe Adormideras.
Empezamos compartindo con vós a mesa de novidades coa que vos recibimos en canto entrades. Podedes botarlle unha ollada, porque temos libros novos moi interesantes. E prestade moita atención, porque este mesmo mes poderedes levar a casa DE REGALO algúns deles, cando celebremos o Día Internacional da Biblioteca. Estade atentos!

Queredes ver o que sucede na biblioteca para que poidades desfrutar das exposicións que nos acompañan? En linguaxe teatral chámase "entre caixas" a todo o que sucede detrás do escenario que o público non ve pero que é imprescindible para que as obras de teatro saian como teñen que saír.
O noso último boletín nos conta a historia dun dos condes máis famosos da historia:
Se queres ver os boletíns anteriores podes pinchar no enlace da barra lateral.
Se queres ver os boletíns anteriores podes pinchar no enlace da barra lateral.
Queredes darvos un paseo polo roteiro de faros da nosa costa do norte? Como sempre, da man do noso fotógrafo de cabeceira, Ángel Corral, que nos amosa estas fermosas vistas.
E se queredes ver os nosos roteiros publicados, podedes visitar este enlace.
Este ano o Día das Letras Galegas foi adicado a Mª Victoria Moreno. Na biblioteca atopamos unha exposición de diferentes libros seus e boletíns informativos de agasallo, para que o alumnado se achegue á súa vida e obra.
Unha das actividades con máis éxito que levamos a cabo todos os anos polo Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, é a nosa mesa de libros regalados. Así atopamos a mesa ao final da mañá, despois de que levásedes os vosos favoritos.
O pasado 23 de abril celebramos un día tan especial para a nosa biblioteca, como é o Día do Libro. Unha das actividades que organizamos este ano é a exposición "Os libros dos nosos pais (ou avós)". Na mesa de exposicións podedes atopar libros antigos, para que poidades comprobar como aprendían ciencias naturais, sociais, latín, grego e o que agora chamamos "cultura xeral" hai uns anos. Algúns son libros de texto, outras, enciclopedias.
Recomendámosvos que pasedes pola biblioteca durante os recreos para comprobalo vós mesmos.
Podedes ver máis imaxes neste enlace.
Durante a semana da Francofonía, que tivo lugar do 17 ao 25 de marzo, o Departamento de Francés, en colaboración co Grupo de Biblioteca, organizou un concurso de postres franceses, no cal participaron os alumnos de 1ºESO. Durante unha parte da mañá o vestíbulo do instituto encheuse de cousas ricas, tal como podes ver nas fotos que che amosamos aquí, e máis se pinchas neste enlace.
O xurado, composto por membros da comunidade educativa do centro, elixiron os gañadores segundo criterios de sabor, presentación e grao de dificultade da receita.
Os tres premios outorgados foron un kit de repostaría, un libro de receitas francesas e un mandil, que xa están gozando as nosas alumnas gañadoras. Parabéns a todos os participantes polo estupendo (e exquisito!) traballo realizado.
As gañadoras foron:
- Ana Carolina de Souza Péres (1ºA)
- Nuria Sánchez Taboada (1ºB)
- Uxía Mosquera Rodríguez (1ºB)
--
Pendant la semaine de la Francophonie, qui s'est déroulée du 17 au 25 mars, le département de français a organisé, le 23 mars, un concours de desserts français, auquel ont participé les élèves de 1ªESO. Durant la première partie de la matinée, le hall de l'entrée s'est rempli de bons desserts faits maison, comme vous pouvez le voir sur les photos ci-jointes , et davantage si vous cliquez sur le lien suivant.
Le jury, composé de membres de l’équipe éducative du lycée, ont choisi les gagnants selon les critères suivants: le goût, la présentation et le niveau de difficulté de la recette.
Les trois prix qui ont été décernés sont un livre de recettes françaises, un tablier de cuisine et un kit de pâtisserie dont profitent déjà nos élèves gagnantes. Félicitations à tous les participants pour le superbe (et délicieux!) travail accompli.

O pasado 24 de febreiro celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e queremos homenaxeala contándovos algunhas curiosidades e eventos importantes da súa vida.
Ademáis de aquí mesmo, podedes atopar os boletíns impresos na biblioteca. E se queredes ler boletíns anteriores, podedes pinchar neste enlace.
Ademáis de aquí mesmo, podedes atopar os boletíns impresos na biblioteca. E se queredes ler boletíns anteriores, podedes pinchar neste enlace.
Tal como vos fomos contando desde as nosas páxinas de Instagram e de Facebook, estivemos celebrando este San Valentín co noso concurso de corazóns. Como podedes ver polas imaxes, moitos estaban expectantes por ver se lles enviaban unha mensaxe, e levarse o seu corazón a casa.
As galardonadas cos premios deste ano foron:
PREMIO Á ORIXINALIDADE
Martina Santiso, de 2º BAC B
PREMIO PARA A ESO
Raquel Caramés, de 4º ESO
PREMIO PARA BACHARELATO
Aida Bachiller, de 1º BAC D
Parabéns ás premiadas e grazas a todos por participar!
Podedes ver máis imaxes pinchando neste enlace.
Por si alguén se perdeu as recomendacións de libros e películas que vos fixemos antes de Nadal, compartímolas con vós tamén dende aquí. Nunca é tarde para atopar unha nova aventura!
Imos un pouco tarde publicando as noticias, pero non queremos que nos quede olvidado amosarvos oás gañadoras do concurso de postais de Nadal. Parabéns ás dúas e grazas a todos por participar!
- RAQUEL PENA, 1º ESO A
- CLARA SÁNCHEZ, 2ºBAC E
- RAQUEL PENA, 1º ESO A
- CLARA SÁNCHEZ, 2ºBAC E
Raquel Pena |
Clara Sánchez |