Día do Libro 2018
O pasado 23 de abril celebramos un día tan especial para a nosa biblioteca, como é o Día do Libro. Unha das actividades que organizamos este ano é a exposición "Os libros dos nosos pais (ou avós)". Na mesa de exposicións podedes atopar libros antigos, para que poidades comprobar como aprendían ciencias naturais, sociais, latín, grego e o que agora chamamos "cultura xeral" hai uns anos. Algúns son libros de texto, outras, enciclopedias.
Recomendámosvos que pasedes pola biblioteca durante os recreos para comprobalo vós mesmos.
Podedes ver máis imaxes neste enlace.
Comentarios
Publicar un comentario