Noe González Caamaño é a ilustradora autora de Ola! Son un bicho bóla! Estudou con nós hai poucos anos e agardamos que éste sexa o principio de unha prolífica carreira como ilustradora.
Temos que facernos cun exemplar para a nosa biblioteca, para inaugurar a próxima sección que inauguraremos de álbum ilustrado.
Ola!, son un bicho bóla! de Elvira Ribeiro Tobío e Noe González Caamaño from apiario on Vimeo.
Para celebrar o Día da Ilustración coa nosa Biblioteca, podes visitar a exposición de libros ilustrados nas mesas da zona de exposicións.
O venres 7 o noso alumnado de 2º de Bacharelato asistirá a unha charla que nos chega da man da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, AGPI. A ponente será Julia Lago (@quepasajulia), que cursou o Bacharelato de Artes connosco hai xa uns anos. Que ganas temos de escoitar todo o que nos ten para contar!
E, por suposto, podes seguir as distintas publicacións que lle adicamos no blog a esta data tan destacada para un centro de artes coma o noso.