Día da Ilustración 2020 na nosa Biblioteca


Para celebrar o Día da Ilustración coa nosa Biblioteca, podes visitar a exposición de libros ilustrados nas mesas da zona de exposicións.

O venres 7 o noso alumnado de 2º de Bacharelato asistirá a unha charla que nos chega da man da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, AGPI. A ponente será Julia Lago (@quepasajulia), que cursou o Bacharelato de Artes connosco hai xa uns anos. Que ganas temos de escoitar todo o que nos ten para contar!

E, por suposto, podes seguir as distintas publicacións que lle adicamos no blog a esta data tan destacada para un centro de artes coma o noso.

Comentarios