Para celebrar o bicentenario do Museo do Prado que se celebrou tal día como hoxe xa no 2019, Rino Stefano Tagliafierro e os seus colaboradores realizaron este relato en vídeo, producido polo País Semanal, animando unha trintena de cadros da pinacoteca.
--
Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos. Comeza a escribir con 16 anos. Tras rematar os seus estudos secundarios, marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao vidro, regresou a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista “Loia” xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro. Nela publicou os seus primeiros poemas, a finais da década dos 70.
Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña, onde se une á revista “La Naval”. Neste período entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborando en revistas como “La Naval”, “Trilateral”, “Anima+l” e “Luzes de Galiza”. Esta última publicaría en 1997 os oito capítulos da novela curta “Náufragos do Paradiso”.
Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). No 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia, e a prosa autobiográfica de Conversa ultramarina (2010).
No ano 2011 a Lois Pereiro dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Como sabedes, este ano celebramos o centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán. Hoxe compartimos con vós materiais elaborados polas Bibliotecas Municipais, para coñecer un pouco máis sobre a súa vida e obra.
Agradecemos especialmente a Alicia, da Biblioteca de Monte Alto que sempre se preocupe por facernos partícipes de todo o que podemos atopar nesta biblioteca da nosa veciñanza e a Mila, da Biblioteca de Estudos Locais, á que podedes ver no seguinte vídeo, coa que o noso centro ten unha especial relación desde hai varios anos.
No Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, A Consellería de Cultura, Educación e Universidade agasállanos con este díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2021.
Como en anos anteriores, aunha persoa referente da literatura galega actual, neste caso a profesora, tradutora e poeta, Elvira Ribeiro, creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:
"Talvez é ler un diamante de mil caras, un mar sen varandas."
Traemos a este blog un interesantísimo contido elaborado polo CPI Plurilingüe dos Dices (Rois-A Coruña): o telexornal adicado á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. Neste ano 2021, as nenas e nenos implicados nesta experiencia de alfabetización mediática traballaron sobre XELA ARIAS, baixo a dirección do profesor Luís Aldegunde, e presétannos un documento imprescindible para achegarnos á autora e a súa obra.
Moitas grazas á Asesoría de Bibliotecas Escolares por achegarnos este proxecto.
No seguinte vídeo pode asistirse a unha visita guiada á exposición “Miró. Una colección”, Na Fundación Barrié de A Coruña, a cargo de Joan Punyet Miró, neto do artista
A Facultade de Belas Artes de Pontevedra comparte con nós este vídeo informativo que nos presenta a facultade para todo o alumnado interesado en saber en qué consisten os seus estudos:
Na canle tv. uvigo.es, sección Grao en Belas Artes, teñen á nosa disposición outros dous vídeos que ofrecen información sobre as instalacións da Facultade. E na súa web pódese atopar información sobre plan de estudios, profesorado, programas Erasmus, etc.
Alumnado galardoado polos seus traballos sobre o amor
Como avanzamos na anterior publicación, eleximos os nosos favoritos entre todas as obras elaboradas nos proxectos "Loquimur de amore latine" e "En amorArte" e repartimos uns detalles de agasallo de parte do noso equipo de Biblioteca e os Departamentos de Latín e de Artes Plásticas.
As seguintes alumnas e alumno elaboraron os corazóns:- Pablo Gómez
- Raquel Pena
- Elba Meléndrez
- Martha Cristos
Un dos temas que máis nos gusta traballar nas nosas actividades é o do amor. A exposición que vos traemos hoxe recolle traballos elaborados desde os departamentos de Latín e de Artes Plásticas.
O alumnado de Latín de 4º de ESO elaborou estes creativos corazóns con mensaxes nesta fascinante lingua porque "Loquimur de amore latine" ("En latín tamén falamos de amor").
O de Técnicas de expresión gráfico plástica de 2º de Bacharelato, pola súa parte, pintou en acrílico e óleo as súas personais versións de obras de arte adicadas ao amor.
Nunha próxima publicación compartiremos as obras que levaron un agasallo da nosa parte e o alumnado que as elaborou.