Premio dos Clubs de Lectura 2021 para Eva Mejuto

Co gallo da celebración do Día do Libro, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade , fai pública a Resolución de 23 de abril de 2021 pola que se recoñece a Eva Mejuto co Premio dos Clubs de Lectura 2021.
 
Eva Mejuto é unha das autoras más seguidas polo lectorado infantil e xuvenil galego. Na súa web podemos coñecer toda a súa traxectoria e todos os seus libros. Dous dos seus títulos, Memoria do silencio e 22 segundos están incluídos entre os 50 libros máis lidos nos Clubs de lectura no curso 2019/2020.








Comentarios