Os nosos invitados italianos xa están connosco e estamos pasando unha semana estupenda.
Recordámosvos que o curso pasado o grupo da Biblioteca con Lucía Sáez á cabeza, empezou a organizar esta actividade de intercambio co instituto italiano Liceo Científico Mascheroni de Bérgamo. Durante unha semana do mes de abril, un grupo dos nosos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, acompañados de Inés, María e Lucía, estivemos visitando varias cidades italianas, tal como podedes ver neste artigo do blog do instituto. Agora tócanos a nós facer de anfitrións cos nosos compañeiros.
Queremos amosarvos hoxe algunhas imaxes das actividades que levamos a cabo estes días nos que visitamos varios lugares da nosa cidade, paseamos os tellados da catedral de Santiago e mesmo fomos recibidos polo alcalde no Concello da Coruña. Podedes ver máis imaxes neste enlace.

Este fin de semana toca recordar o ben que o pasamos o curso pasado no intercambio con Italia e estamos agardando impacientes aos nosos invitados, que chegan este fin de semana! 🇮🇹
Moitas grazas, Lucía Sáez por traernos esta actividade tan interesante ao grupo da Biblioteca e ao noso centro!
Ola a todos e benvidos a un novo curso na biblioteca do I.E.S Plurilingüe Adormideras.
Empezamos compartindo con vós a mesa de novidades coa que vos recibimos en canto entrades. Podedes botarlle unha ollada, porque temos libros novos moi interesantes. E prestade moita atención, porque este mesmo mes poderedes levar a casa DE REGALO algúns deles, cando celebremos o Día Internacional da Biblioteca. Estade atentos!