Miguel Ángel Izaguirre Cahue, ✝12/04/2020 |
SIT TIBI TERRA LEVIS, querido compañeiro Miguel. Que a terra che sexa lixeira.
Durante moitos anos fuches o capitán desde barco no que estamos os membros do Equipo da Biblioteca. Xunto coa túa muller Mila, protagonizaches un dos cambios máis importantes que vivimos, coa nosa entrada no programa PLAMBE, que tanto positivo nos trouxo. Trouxéchesnos tamén alegría co teu sentido do humor, que facías patente en datas como o Entroido...
Deixas unha grande pena entre nós, pero tamén o gozo de ter compartido estes anos de traballo contigo.
Grazas por todo, compañeiro.
Ata sempre.
Hoxe celebramos o Día da Terra. Pasamos uns momentos divertidos xohando con este doodle de Google, adicado ás abellas. Se queredes saber máis sobre a celebración do día, visitade este enlace.
Para facilitar o acceso á lectura, as seguintes editoriais poñen á nosa disposición, de xeito gratuíto, algunhas das súas publicacións, para facilitar o acceso á lectura neste tempo de cuarentena.
NORMA: atoparás os enlaces de descarga dos máis de 20 libros que nos ofrecen entrando na pestaña "Recursos", dentro de cada libro.
ERRATA NATURAE: son 20 os libros que forman parte da colección liberada para descargar @gratuitamente en formato PDF desde o sitio web desta editorial. Historias distópicas, textos para fomentar o pensamento crítico e ata algúns exemplares para nenos son parte das categorías baixo as que se clasifican os libros seleccionados.

ROCA LIBROS: outros 14 libros para ler en dixital.