Boa viaxe, compañeiro.

Miguel Ángel Izaguirre Cahue, ✝12/04/2020



SIT TIBI TERRA LEVIS, querido compañeiro Miguel. Que a terra che sexa lixeira.

Durante moitos anos fuches o capitán desde barco no que estamos os membros do Equipo da Biblioteca. Xunto coa túa muller Mila, protagonizaches un dos cambios máis importantes que vivimos, coa nosa entrada no programa PLAMBE, que tanto positivo nos trouxo. Trouxéchesnos tamén alegría co teu sentido do humor, que facías patente en datas como o Entroido...

Deixas unha grande pena entre nós, pero tamén o gozo de ter compartido estes anos de traballo contigo.

Grazas por todo, compañeiro.

Ata sempre.


Comentarios