Lois Pereiro, 25 aniversario do seu pasamento
--
Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos. Comeza a escribir con 16 anos. Tras rematar os seus estudos secundarios, marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao vidro, regresou a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista “Loia” xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro. Nela publicou os seus primeiros poemas, a finais da década dos 70.
Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña, onde se une á revista “La Naval”. Neste período entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborando en revistas como “La Naval”, “Trilateral”, “Anima+l” e “Luzes de Galiza”. Esta última publicaría en 1997 os oito capítulos da novela curta “Náufragos do Paradiso”.
Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). No 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia, e a prosa autobiográfica de Conversa ultramarina (2010).
No ano 2011 a Lois Pereiro dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Comentarios
Publicar un comentario