Corazóns de San Valentín



Tal como vos fomos contando desde as nosas páxinas de Instagram e de Facebook, estivemos celebrando este San Valentín co noso concurso de corazóns. Como podedes ver polas imaxes, moitos estaban expectantes por ver se lles enviaban unha mensaxe, e levarse o seu corazón a casa.

As galardonadas cos premios deste ano foron:


PREMIO Á ORIXINALIDADE
Martina Santiso, de 2º BAC B

PREMIO PARA A ESO
Raquel Caramés, de 4º ESO

PREMIO PARA BACHARELATO
Aida Bachiller, de 1º BAC D


Parabéns ás premiadas e grazas a todos por participar!

Podedes ver máis imaxes pinchando neste enlace.




Comentarios