Poemas vangardistas

By AdormiBIBLIO - 18.3.20



Outra das actividades da semana de celebración do amor, conmemorando San Valentín, veu da man do Departamento de Lingua Castelá. O alumnado de Literatura Universal Contemporánea de 1º de Bacharelato, da man da súa profesora, Ana Garnelo, elaboraron uns poemas de inspiración vangardista dando o seu punto de vista sobre o amor ou o desamor a través de distintas técnicas e disciplinas artísticas, como podedes ver nas imaxes que vos amosamos.

As obras están expostas na entrada do instituto. Ademáis, celebrouse un concurso para elixir os mellores poemas e os máis populares. Estade atentos se queredes ver quen foron os gañadores.













  • Share:

Tamén podes ler...

0 comentarios