Concurso de postais de San Valentín

Unha das actividades de conmemoración da semana de San Valentín encheunos a biblioteca de corazóns. Puidemos ler mensaxes en moitos idiomas (inglés, francés, latín, grego, castelán e galego), unhas adicadas especialmente a algunha persoa especial e, desde logo, e moitas moi ben deseñadas e moi creativas.
Convocamos un concurso no que eleximos as nosas favoritas entre os alumnos presentados da ESO e de Bacharelato. Compartimos con vós os nomes das alumnas galardoadas cos premios e imaxes da exposición de todas as postais elaboradas:
Premiadas CATEGORÍA ESO:
- Lola López Leiro, 1º ESO B
- Noa P., 2º ESO B
Premiada CATEGORÍA BACHARELATO:
- Gema Casais Santiago, 1º BAC B
Comentarios
Publicar un comentario