Recomendación: A lección de August


Nun mundo no que o bullying entre os mozos está a converterse nunha verdadeira epidemia, os libros da serie «Wonder» ofrecen unha nova visión refrescante, necesaria e esperanzadora.

Faiche un favor e le este libro: a túa vida será mellor.

Sinopse: A súa cara faio distinto e el só quere ser un máis. Camiña sempre mirando ao chan, a cabeza  gacha e o flequillo tratando en balde de esconder o seu rostro, pero, aínda así, é obxecto de miradas furtivas,  susurros afogados e cotenadas de asombro. August sae pouco, a súa vida transcorre entre as acolledoras paredes da súa casa, entre a compañía da súa familia, a súa cadela Daisy e as incribles historias da guerra das galaxias.

Este ano todo vai cambiar, porque este ano vai ir, por primeira vez, á escola. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida, a que non se ensina nas aulas nin nos libros de texto: crecer na adversidade, aceptarse tal como é, sorrir aos días grises e saber que, ao final, sempre atopará unha man amiga.

Comentarios