Nova catalogación





Este ano na biblioteca está sendo un ano de moitos cambios. Renovamos parte o equipo de traballo e tamén cambiou a nosa coordinadora. Non queremos deixar a oportunidade de agradecer desde aquí o traballo realizado polos anteriores equipos, personificados na súa coordinadora de moitos anos, Milagros Álvaro, que foron quen transformaron a biblioteca dun "lugar para facer gardas" ao lugar de lectura e convivencia que é hoxe.

Nesta nova etapa queremos dar un paso máis aló nesta transformación. Empezaremos implementando un novo sistema de catalogación, baseado no programa Meiga, que leva xa moitos anos sendo o máis usado polas bibliotecas escolares da Xunta de Galicia. O Meiga ten a gran ventaxa de permitirnos contar co catálogo accesible para todos a través de internet.

A nova catalogación vaise por en marcha desde cero, o cal podedes imaxinar que será un traballo inxente e que tamén levará consigo un cambio na ordenación dos libros. De momento, a biblioteca empezará desordeándose, para, agardamos, acabar sendo máis doada de usar para todos.

Hai xa unhas semanas que empezamos a ter os primeiros exemplares catalogados en Meiga e estamos encantados co novo aspecto que presentan os libros, moito máis claro e lexible

Ata que teñamos todos os libros catalogados, seguiremos traballando tamén co noso programa de sempre, o ABIES, así que, durante un tempo ben longo, os préstamos con ambos programas terán que convivir, e os nosos profesores bibliotecarios necesitarán facer o esforzo de alternar entre eles.

Aos que sodes usuarios da biblioteca, queremos pedirvos desculpas polos inconvintes que ides sufrir durante este tempo e sobre todo paciencia para convivir cos cambios e cos problemas cos que xa nos estamos atopando todos no día a día.


Comentarios