Poesía para os malos tempos


Nestes momentos tan duros e extranos non se nos ocurre mellor cousa que compartir convosco un pouco de poesía escrita e poesía en imaxes. Eleximos un poema do austriaco Peter Handke, Premio Nobel de Literatura 2019.

O autor foi recoñecido na cultura popular como un dos guionistas da película de Wim Wenders O ceo sobre Berlín (1987)

Nela, dous anxos observan a deriva que tomou o mundo desde o ceo dunha cidade dividida como o Berlín de posguerra, mentres velan polo lugar e polos seus habitantes. Só son visibles para os nenos e os adultos de corazón puro.

Deixamosche o poema lido polo actor Bruno Ganz na introdución da película e máis abaixo podes ler o poema ao completo e ver o trailer da película.



Cando o neno era neno,
andaba cos brazos colgando,
quería que o arroio fose un río,
que o río fose un torrente,
e este charco o mar.
Cando o neno era neno,
non sabía que era neno,
para el todo estaba animado,
e todas as almas eran unha.
Cando o neno era neno,
non tiña opinión sobre nada,
non tiña ningún hábito,
frecuentemente sentaba en crequenas,
e botaba a correr de súpeto,
tiña un remuíño no pelo
e non poñía caras cando o fotografaban.
Cando o neno era neno
era o tempo de preguntas como:
Por que eu son eu e non son ti?
Por que estou aquí e por que non alá?
Cando empezou o tempo e onde termina o espazo?
Seica a vida baixo o sol é tan só un soño?
O que vexo oio e cheiro,
non é só a aparencia dun mundo fronte ao mundo?
Existe de verdade o mal
e xente que en verdade é mala?
Como é posible que eu, o que eu son,
non fose antes de existir;
e que un día eu, o que eu son,
xa non serei máis este que son?
Cando o neno era neno,
non podía tragar as  espinacas, as xudías,
o arroz con leite e a coliflor.
Agora cómeo todo e non por obrigación.
Cando o neno era neno,
espertou unha vez nunha cama estraña,
e agora faio unha e outra vez.
Moitas persoas parecíanlle belas,
e agora, con sorte, só en ocasións.
Imaxinaba claramente un paraíso
e agora apenas pode intuílo.
Nada podía pensar da nada,
e agora estremécese ante ela.
Cando o neno era neno,
xogaba abstraído,
e agora concéntrase en cousas como antes
só cando esas cousas son o seu traballo.
Cando o neno era neno,
como alimento bastáballe unha mazá e pan
e hoxe segue sendo así.
Cando o neno era neno,
as amoras caían na man como só caen as amoras
e aínda segue sendo así.
As noces frescas éranlle ásperas na lingua
e aínda segue sendo así.
En cada montaña ansiaba
a montaña máis alta
e en cada cidade ansiaba
unha cidade aínda maior
e aínda segue sendo así.
Na copa dunha árbore cortaba as cereixas emocionado
como aínda o segue estando,
Era tímido #ante os estraños
e aínda o segue sendo.
Esperaba a primeira neve
e aínda a segue esperando.
Cando o neno era neno,
tiraba unha vara como lanza contra unha árbore,
e esta aínda segue aí, vibrando.

Comentarios