Acceso especial ás bibliotecas públicas galegas
Durante estes días de confinamento nos fogares as Bibliotecas Públicas de Galicia poñen a disposición de todos os galegos o acceso a GaliciaLe de lectura de libros en dispositivos electrónicos sen carné de biblioteca.
Rexístrate e, coas claves que recibas, accederás a GaliciaLe (eBibio Galicia e catálogo galego). Cando remate a corentena, terás 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando de GaliciaLe.
Nesta Rede encontraredes moitos dos libros de lectura obrigada da ESO e Bacharelato neste formato (ata dous libros en préstamo durante un período de 21 días).
As claves serán operativas mentres dure o confinamento e ata un mes despois de que finalice. Pasado ese tempo se non queres seguir como socio, eliminaranse automaticamente, non é preciso facer nada para cancelar esta subscrición, basta con non acudir a unha biblioteca a formalizar ese carné.

Engadir título |
Comentarios
Publicar un comentario