Libros para quedar na casa I: para os nosos lectores máis xoves


Algunhas editoriais estanse solidarizando con estes tempos de aillamento en que as nosas bibliotecas non poden facilitar aos lectores libros en papel e poñen á nosa disposición algúns exemplares do seu catálogo dixital para descargar e ler en calquer dispositivo electrónico. 

Hoxe comezamos cos libros para os más pequenos dos nosos estudantes. Preme nas imaxes e faite cos teus favoritos para esta nova semana! 



    A herdanza do marqués, de Conchi Regueiro e Noemí López Vázquez (ilustracións). Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan.


Diario dunha noiteboa, de Jacobo González Outes. Novela negra ambientada en Compostela e no segredo dun grupo de estudantes de universidade que vai ser desvelado no diario do principal acusado da morte dunha moza.


Liliput, de Manuel Lugrís Rodríguez. A Coruña como pano de fondo nunha investigación xornalística na que se nos presenta unha época na que todo se desenvolve como un espectáculo de monicreques e onde ninguén pode escapar ao seu destino.




Lola pimienta y el secuestrador de perros, Ulrike Rylance, ilustrado por Lisa Hänsch. A Lola Pimienta le encantaría: 1. Tener un perro. 2. Convertirse en detective y resolver casos supermisteriosos. 3. Poder saltarse la fiesta de cumpleaños de la cursi de Flo. Por desgracia, el tercer deseo de Lola no se cumple, así que acaba en la dichosa fiesta. Sin embargo, una vez allí las cosas se animan, porque el regalo estrella de Flo -el perro más mono del mundo mundial- es secuestrado. Lola se encuentra de pronto ante su primer caso, y por tanto muy cerca de cumplir su segundo deseo. Y, ya de paso, quizá también se cumpla el primero... ¡Un diario lleno de humor y misterios supermisteriosos!




Dragal, A estirpe do dragón, Elena Gallego Abad. Coma o anxo expulsado do paraíso, Hadrián loita por recobrar os poderes perdidos na cripta de Dragal. A aparición de pequenas escamas é só o principio da mutación que experimentan os membros da Fraternidade. Desaparecido don Xurxo, chega un novo párroco, don Miguel, cuxa misión será impedir o regreso dunha estirpe maldita capaz de destruír o mundo. Nas páxinas do Codex Dragalianus, gardado na reitoral, accede aos segredos da Fraternidade. Todo está recollido no manuscrito máxico. Na noite do solsticio de verán os cabaleiros do dragón poderían apropiarse das forzas sobrenaturais do universo. Mentres o derrubamento parcial da igrexa de San Pedro descobre un pasadizo secreto, os dragalianos atopan un misterioso libro.Que relación ten este achado coa fórmula maxistral que experimenta Cortiñas no seu laboratorio? Dragal IV, A estirpe do dragón abre unha nova xeira na apaixonante serie protagonizada polo dragón galego.



Fred Quincalla, o nómade do mar, Teresa González Costa. Ilustracións de María Seoane. Esta é unha das moitas historias de Leopolda Diéguez, fascinante narradora e facedora de artes máxicas. Viaxeira por curiosidade e necesidade, un día Leopolda deu co Gran Gogol, un cociñeiro aprendiz de violinista e fuxitivo da inxustiza. Desde entón os dous viaxan xuntos no barco de Leopolda, dando espectáculos musicais en cada lugar ao que chegan e disfrazados para pasaren inadvertidos. Non é para menos: un rei e mais unha duquesa andan tras deles.




Vaia tropa, Antón Cortizas. Ilustracións de María Reyes Guijarro. Libro de poesía do absurdo, do sen sentido, e está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo. Como non era cousa de poñer só letras alguén debuxou algunhas caretas. E como os debuxos están contrafeitos usarás o espello para velos con xeito. Ao final do libro convidámoste a que inventes algún compañeiro para toda esta xente. Trátase, xa que logo, dun libro xogo, no que a sorpresa da lectura e das ilustracións conforman un conxunto que non pasará desapercibido ao lector.



Comentarios