24 OCTUBRO, DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA: A Rosalía




Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu

E vina tan sola
na noite sin fin,
¡Que ainda recei pola probe da tola
eu, que non teño que rece por min!.

Os ósos son dela, que vades gardar.
¡Ai dos que levan na fronte unha estrela!
¡Ai dos que levan no bico un cantar!








Comentarios