Cartel do Día da Ilustración 2020

A ilustradora encargada de elaborar o cartel conmemorativo do Día da Ilustración 2020 é a nosa querida Xulia Pisón, antiga alumna do instituto, que nos visitou o curso pasado na biblioteca para falarnos do seu traballo.



Xulia Pisón (A Coruña, 1985)

Ilustradora e debuxante de banda deseñada, cursou estudos de Ilustración na EASD Pablo Picasso. Recibiu o 1.º premio do Certame Xuventude Crea de BD de 2015. Despois de editar varios cómics en formato fanzine, como McCactus, e de colaborar en diversas publicacións colectivas como Altar Mutante ou a antoloxía Licor café, en 2019 creou para a Universidade da Coruña o cómic de divulgación científica Microalgas – El mundo oculto. Como ilustradora ten realizado carteis para diversos eventos, como as Festas de María Pita da Coruña en 2017.

xuliape.tumblr.com

Comentarios