Homenaxeando a aos ilustradores galegos: Cándido Fernández Mazas
O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista de 2019 é Cándido Fernández Mazas.
O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Estade atentos ás noticias e actividades arredor do tema que iremos publicando estes días. Visitade tamén a páxina da AGPI para informarvos das actividades ás que podedes asistir en bibliotecas públicas da cidade e a EASD Pablo Picasso.
Comentarios
Publicar un comentario