Recomendación: O misterioso caso de Styles, Agatha Christie
O éxito da superproducción Asasinato no Orient Express, volveu a poñer de plena actualidade Agatha Christie, unha autora que non pasa de moda.
Sinopse:
Essex, Inglaterra. Na mansión Styles, a millonaria Emily Inglethorp é atopada morta na súa cama, aparentemente vítima dun ataque cardíaco. As portas do cuarto estaban pechadas por dentro e todo indica unha morte natural. Pero o médico da familia levanta unha sospeita: asasinato por envelenamento. Todos os hóspedes da vella mansión tiñan motivos para matar á viúva Inglethorp e ningún deles posúe unha coartada satisfactoria.
Cando o detective Hércules Poirot chega para encargarse da investigación, atópase fronte a fronte coa avaricia, os celos, as tensións e a ambición dunha familia que aspira a herdar unha fortuna en diñeiro e propiedades.
Un marido infiel, a súa novísima amante, uns fillastros envexosos, un estraño toxicólogo alemán… Todos parecen sospeitosos de acabar coa vida de Emily, aínda que só un deles pode ser o asasino. Poirot deberá empregarse a fondo e usar todas as súas armas para chegar ao fondo do seu primeiro caso literario.
Comentarios
Publicar un comentario