Recomendación: Hipatia, la verdad en las matemáticas, de Jordi Bayarri
Hipatia foi unha brillante matemática e unha apaixonada filósofa que contribuíu co seu traballo para revisar e actualizar as matemáticas e a astronomía. Vivía en Alexandría, unha cidade sumida na confusión e o conflito onde o saber e o pensamento estaban ameazados polo fanatismo. Pero ela estaba ansiosa por transmitir os seus coñecementos aos seus alumnos e por poñer a súa sabedoría ao servizo dos seus semellantes e non se deixou intimidar. Descobre con Hipatia a antiga Biblioteca de Alexandría, e como era a vida dos novos estudantes de matemáticas e filosofía na cidade de Alejandro Magno. Hipatia quería aprender e chegar á verdade. E para ela o mellor camiño para conseguilo eran as matemáticas.
Comentarios
Publicar un comentario