Xulia Pisón volve a Adormideras

Este curso tivemos a oportunidade de coñecer á ilustradora e exalumna do centro Xulia Pisón en dúas ocasións. A primeira nunha mesa redonda que tivo lugar na EASD Pablo Picasso e a segunda na Biblioteca do noso centro. Alí compartiu connosco unha charla estupenda e ademais, ao rematar, regalounos consellos moi interesantes para as nosas futuras carreiras como artistas.

Neste enlace podedes ver máis imaxes da charla e uns vídeos coas súas palabras.








Comentarios