As miradas de Isaac
As miradas de Isaac é a primeira grande exposición sobre Díaz Pardo despois do seu falecemento (5 de xaneiro de 2012) e faise facéndoa coincidir co centenario do nacemento (22 de agosto de 1920) co obxecto de situar como merece na historia de Galicia ao responsable de achegas tan relevantes como Sargadelos, o Laboratorio de Formas, Ediciós do Castro, o Instituto Galego de Información ou o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside.
263 obras de arte, fotografías, publicacións, murais, audiovisuais e obxectos persoais constitúen a exposición no Museo Centro Gaiás dunha vida de entrega a Galicia desde a pintura, a cerámica, o deseño, a escritura e a iniciativa empresarial deste personaxe imprescindible na nosa cultura.
Comentarios
Publicar un comentario