A palabra do ano

 


Nin pandemia nin ningún dos outros tres termos finalistas relacionados con ela. Nós foi proclamada Palabra do Ano 2020 polas persoas que participaron na elección popular que promoveron dende o Portal das Palabras. A voz gañadora salienta algo bo dun ano ben complicado, a celebración do centenario da xeración Nós, e olla cara ao futuro con optimismo porque nos lembra tamén que saírmos da crise global provocada polo SARS-CoV-2 depende da primeira persoa do plural máis absoluta.

Comentarios