Resultado do concurso "Cal é a túa biblioteca favorita?"


De todas as bibliotecas que vos propuxemos votar, a vosa favorita resultou ser a biblioteca do Mosteiro Admont, en Austria, co 21,7% dos votos, seguida de cerca pola biblioteca de Harry Potter, co 17,4%. Moitas grazas a todos por participar, sobre todo tendo en conta os problemas técnicos que tivestes que sofrer algúns de vós! (este é o noso primeiro concurso online e dalgún xeito hai que aprender, non sí?).


Unha vez contabilizados todos os participantes e excluidas as profesoras, que non participaban do premio, o resultado aleatorio caeu no número 2, que corresponde a Laura Noya Hervada, de 2º ESO B e que tamén votou por unha biblioteca austríaca, malia que non pola gañadora.





Comentarios