Novembro: mes da ciencia en galego nas bibliotecas
Pois si, o mes de novembro celébrase o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Este ano, Alicia Estévez Taranzo, microbióloga, académica da RAGC e da RAFG e premio María Josefa Wonenburger Planells (2018), foi a encargada de redactar un manifesto en prol desta conmemoración. Recollemos a continuación un fragmento de dito manifesto, que nos parece moi interesante:
"Hoxe en día cos avances das tecnoloxías da comunicación, é fácil atopar demasiada información científica, pero o importante é saber diferenciar Ciencia de “pseudociencia”. Por iso, non hai que esquecer o importante papel que xogan as bibliotecas para que moitos dos coñecementos rigorosamente contrastados sexan alcanzables ao público, xa que unha sociedade ben informada é máis difícil que sexa manipulada."
E a continuación amosámosvos a axenda de actividades que organiza a biblioteca pública da Coruña, Miguel González Garcés:
Comentarios
Publicar un comentario