Premio Nacional de Poesía para Pilar Pallarés





A escritora coruñesa Pilar Pallarés ven de ser galardoada co Premio Nacional de Poesía polo seu libro Tempo fósil. Segundo recollen no fallo do xurado, “por transmitir con profunda sabedoría e emoción, a un tempo lúcida e desgarrada, a experiencia da perda e da destrución do vivido”.

O punto de partida do poemario, é o derribo forzoso da casa familiar para a ampliación do aeroporto “Ese foi o motivo principal, o detonante, pero é só o material construtivo”, explica Pallarés tras coñecer o galardón sobre o episodio da súa vida do que naceu Tempo fósil. A reflexión que acollen os seus versos sobre a perda e a destrución esténdese tamén á emerxencia climática que sofre o planeta e ao drama dos refuxiados.

Nesta entrevista para o xornal El País, Pilar declárase unha “namorada dos adolescentes” porque son “persoas que teñen suficiente caos e indefinición para abrirse a cousas novas”. Lamenta que a poesía estea “moi pouco presente” nas aulas polo “prexuízo” de pensar que “non interesa aos rapaces”. “Con todo, son máis os adolescentes que se lanzan a escribir poesía que narrativa, aínda que logo non sigan”, subliña. A poesía precisa “a calma e o tempo” que o actual sistema de ensino “non dá”: “Agora pénsase só en preparar aos rapaces para o traballo e a poesía, desde ese punto de vista, non é rendible”. Interesantes palabras, non si?

Pilar Pallarés (Culleredo, 1957) é licenciada en Filoloxía, poeta, ensaísta e crítica literaria e colaboradora habitual en revistas especializadas. Foi gañadora do Premio Esquío co poemario Sétima soidade. Vive na Coruña, onde durante anos impartiu clases de Lingua e literatura galega nun instituto da cidade. Colabora habitualmente en diversas publicacións especializadas como Graal, Festa dá palabra silenciada, Zurgai, Se scrive, Nordés e Anthropos e foi articulista en Ou Correo Galego, A Nosa Terra e El País.

A continuación podedes ler algúns dos seus poemas:


Comentarios