Quen matou a Inmaculada de Silva, Marina Mayoral
Unha nena chamada Etel que quere ser escritora, atopa na súa familia una boa historia. A súa antepasada Inmaculada da Silva tivo relación cun maquis e morreu na mesma data ca el.
Etel co seu amigo Juancho e a súa prima Catara levan a cabo unha investigación preguntando a familiares que non queren falar e a vellos veciños que poidan recordar algo de fai cincuenta anos.
As súas pescudas iranlle descubrindo a personalidade da súa tía Ada e a súa relación co Antón do Cañote, un heroe, que toleaba aos gardas, e coñecía moi ben o monte.
Polo medio Etel vai descubríndonos as súas inquedanzas e o amor que vai nacendo por Juancho.
Comentarios
Publicar un comentario