Renovando os espazos

Este ano por fin chegaron todos os mobles que estabamos agardando da Consellería de Educación e por fin puidemos reorganizar os andeis con todos os libros de literatura. Movimos tamén a zona de cómic, cercana ao sofá, creando nela un recuncho máis acolledor. 

A biblioteca está cada vez máis chea durante os recreos, así que necesitabamos máis espazos para sentarse e sillas, así que intentamos aproveitar o que temos e darlle unha volta para melloralo.

O traballo foi duro, pero pagou a pena. A nós encantounos como quedou. E a vós?













Comentarios