Carnés e lecturómetros

Entre as novidades que puxemos en marcha este curso, temos o reparto de carnés de usuario para todo o alumnado de 1º de ESO, que conservarán ata o remate dos seus estudios no instituto. 

Tamén repartimos entre os usuarios que levaban préstamos os "lecturómetros", uns marcadores de libro moi especiais, onde anotamos o nome nº de usuario, o rexistro que leva en préstamo e a data de devolución. Repartiremos algunha sorpresa entre os que consigan encher o lecturómeto completo.

A experiencia resultou motivadora e moi útil para axilizar os préstamos, así que agardamos volvelos a empregar o curso que vén.



 

Comentarios