Día do Libro 2021

Presentámosvos algunhas das propostas deste ano para conmemorar o Día do Libro. Estade atentos tamén á próxima entrada que publicaremos podedes ver no blog.

- O alumnado de 1º ESO B, que dan clase rodeados dos nosos libros, escribiron e leron as súas propias lendas na materia de Lingua Galega e as leron así de ben ambientados:




- Amosamos as novidades de libros recén chegados na nosa vitrina da entrada, listos para levar en préstamo:





-  Poñemos en marcha un novo espazo en rede para non perderse as novidades que van chegando á biblioteca e catalogamos no Meiga, ordenadas dun xeito moi visual e cunha sinopse e ficha técnica de cada libro: a web Novidades Lectoras.



- Regalamos marcadores que chegaron a nós a través das librerías da zona, das editoriais e da Asesoría de Bibliotecas Escolares:




Comentarios