CREAcción Día do Libro 2021


O noso alumnado de 2º de Bacharelato de Artes mira os libros con ollos de artistas plásticos. Por iso, un dos traballos que máis lles gusta consiste en ilustrar os seus textos favoritos construindo mundos visuais a través do que lles suxiren palabras dos seus autores. 

Para celebrar o Día do Libro, este curso sumámonos á proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares, CREAcción, que promove unha acción creativa relacionada co lema deste curso, a construción da persoa lectora a través da creatividade que se desenvolve con recursos diversos.

- A primeira fase do proxecto consistiu en seleccionar os textos, a través de fondos aportados pola biblioteca. O alumnado propuxo os seus libros favoritos e entre todos eleximos tres libros de narrativa de diferentes xéneros, estilos, épocas e orixes (faltounos a variedade nas linguas).



- A segunda fase consistiu en traballar sobre os extractos seleccionados de cada libro pola profesora, para elexir as ideas sobre as que interesaba traballar.

- Nunha terceira fase, afondamos nos coñecementos que xa levamos traballados durante o curso sobre o tema da ilustración, a través de material audiovisual que trataba o tema.

- Na cuarta fase traballamos a posta en imaxes das ideas, a través do debuxo e as técnicas de pintura propostas para este traballo (acuarela e pastel).

- Unha vez contamos cunha selección de traballos, pasamos a facer a locución dos textos e seleccionamos a música máis axeitada de entre as pezas que pon á nosa diposición un dos nosos alumnos.

- Finalmente móntase o vídeo que recolle as imaxes, os textos lidos e a música, que a continuación vos amosamos.

Comentarios