Unha biblioteca diferente

Este ano estreamos curso cunha sensación agridoce. Alegres por volvernos atopar por fin físicamente entre as paredes do centro e triste porque as adaptacións ao contexto de pandemia que estamos a vivir obrígannos a adoptar certos sacrificios. O máis importante e doroso para nós é o de perder o espazo da biblioteca como lugar de traballo e de encontro. As necesidades de espazo para aulas, co alumnado debidamente separado e sen mamparas, impuxéronse este curso, así que a nosa biblioteca convertiuse nunha aula de grupo.

Como podedes ver nas imaxes, cambiamos as mesas grupales e os sofás por pupitres individuais. Desapareceron tamén os postos de traballo con ordenadores, e a mesa do profesorado bibliotecario muda de lugar e tense que repartir por diversos espazos do centro.

Intentamos eliminar a maior cantidade de mobiliario posible, retirar case toda a cartelería e por suposto as revistas e os xogos de uso compartido que iamos a empezar a empregar precisamente neste curso. 

Os andeis e os libros seguen no mesmo lugar, pero xa non son accesibles ao alumnado. Como podedes ver nas imaxes, unha serie de carteis repartidos por todo o espazo avisan de que non se poden tocar os libros. Unha mágoa, non sí?

O noso traballo continuará a pesar destas circunstancias. Intentaremos seguir con algunhas das actividades previstas, na medida que a situación sanitaria nolo permita. A pesar de que o alumnado non poderá acceder a ela, seguiremos cun sistema de préstamo a través de peticións e citas previas. 

A ilusión e as ganas non nos faltan, a pesar das circunstancias, de seguir facendo dos libros e as lecturas un espacio físico ou mental onde toda a comunidade do I.E.S. Plurilingüe Adormideras poida enriquecerse de experiencias e vivir momentos marabillosos.

Feliz e proveitoso curso 2020-21!








Comentarios