Feliz Día das Letras Galegas 2020!
Fonte: Gadis
Este curso estamos celebrando algúns dos nosos días máis queridos desde as nosas casas, como o día grande da nosa lingua e literatura, o Día das Letras Galegas. Pero non vos preocupedes, que cando nos incorporemos ao centro, volveremos ter a oportunidade de homenaxear todos xuntos ao escritor ao que se lle dedica o día este ano, Ricardo Carvalho Calero.
A Real Academia Galega decidiu pospoñer a sesión académica do 17 de maio para o 31 de outubro, un día despois do 120 aniversario do nacemento de don Ricardo, para daquela poder celebralo con todos os honores.
De momento, iremos amosándovos unha serie de recursos para que coñezades mellor a este escritor e intelectual galeguista, que agardamos que vos gusten.
Empezamos por presentarvos unha animación que fala da súa vida e obra:

E podedes continuar dirixíndovos ao blog do instituto, onde podedes ver unha mostra de carteis onde podedes profundar máis na súa figura.
Moi feliz día e seguide atentos!
Comentarios
Publicar un comentario