Documentais sobre arte gratuitos

Seleccionamos para ti estes documentais sobre a vida e a obra de artistas moi coñecidos para que goces da arte nestes días difíciles sen moverte do sofá. E mesmo practicarás inglés con algúns deles.

1. PAUL GAUGUIN



Un documental sobre o coñecido pintor francés postimpresionista Paul Gauguin.


2. MARY CASSAT (en inglés)



Mary Cassat foi unha pintora estadounidense, pero pasou gran parte da súa vida en Francia, onde formou parte do movemento impresionista.


3. GOYA, LOCO COMO UN GENIO




Neste documental trátase de mostrar o home que había tras o xenio. Unha viaxe pola vida do pintor español Francisco de Goya, a súa obra e todo o que ofrece a súa traxectoria artística que lle converte no precursor da arte moderno e as vangardas.


4. FRIDA KHALO

 
Ao mellor tes visto algunha película baseada na súa vida. Neste documental poderás entender un pouco máis da súa personalidade e a influencia na súa obra.


5. PICASSO, UN ALMA PRIMITIVA


Un documental sobre a vida e obra do pintor español máis famoso do século  XX, Pablo Ruiz Picasso. Nel repásase a súa longa traxectoria na que non deixou de explorar e investigar novos camiños.


6. LOUISE BOURGEOIS (en inglés)

 
Este documental sobre a artista francesa Louise Bourgeois, debe o seu nome, Spiderwoman, ás súas coñecidas esculturas con forma de araña, entre elas destaca a coñecida inmensa en tamaño, Maman.


7. AS SIN SOMBRERO

 
Este documental homenaxea a oito mulleres españolas da Xeración do 27 que, a pesar do seu talento, non foron recoñecidas na súa época. Foron mulleres rompedoras, transgresoras e valentes que destacaron na poesía, escritura, pintura e outras disciplinas.


8. TRACEY EMIN


A complicada vida da artista conceptual británica Tracey Emim reflíctese nas súas conmovedoras obras como My bed, a máis coñecida e controvertida, e os neóns nos que reflicte os seus pensamentos escritos a man.


9. REMEDIOS VARO

Un documental sobre a artista española-mexicana Remedios Varo, unha pintora surrealista, escritora e artista gráfica. Comezou a súa traxectoria profesional en España, onde apenas é coñecida; foi unha das primeiras mulleres en estudar Belas Artes no noso país, pero por varias circunstancias emigrou a México, de onde nunca volveu e onde alcanzou o éxito.


10. DIEGO VELÁZQUEZ OU O REALISMO SALVAXE


Este documental está narrado por un estudante de cinema que conta as súas impresións sobre a obra do pintor español Diego Velázquez e a revolución artística que supuxo un das súas viaxes a Italia, de onde regresou con novas influencias estéticas e pezas de mobiliario e materiais novos para corte de Felipe IV en Madrid, sendo entón pintor do rei.

Comentarios