Día das escritoras: a nosa compañeira Blanca Riestra
Malia que a propia Blanca di nunha entrevista en El País “La vida de los autores no nos interesa a nadie, más que de manera anecdótica. Lo importante es que los libros se sostengan por sí mismos”, para nós que a temos tan cerca resulta moi interesante coñecer un pouco dela.
Branca naceu na Coruña e estudou Filoloxía Hispánica en Santiago de Compostela. En 2000 doutorouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Borgoña (Francia) cunha tese sobre o poeta Juan Larrea.
De 2003 a 2004 foi bolseira na Academia de España en Roma.
Foi profesora de literatura na Universitá della Sapienza (Roma) e Saint Louis University (Madrid) e de escritura creativa no Instituto Cervantes de Albuquerque (EEUU).
De 2005 a 2007 foi directora executiva do Instituto Cervantes de Albuquerque (EEUU).
DE 2008 a 2012 foi subdirectora da Escola de Artes e Humanidades do IE e profesora de literatura no IE Universidade en Madrid.
Destaca tamén a súa labor docente no centro universitario da nosa cidade, CESUGA.
Outra das disciplinas onde ten desenvolvido o seu traballo é no eido da tradución literaria.
A pesar de este extenso currículo académico e profesional, a súa labor como escritora é prolífica e publica todas estas obras que vos citamos máis abaixo. E, como queremos que, efectivamente, as obras falen por si mesmas, podedes pasarvos pola biblioteca a levar en préstamo as obras da súa bibliografía coas que contamos polo momento: Noire Compostela, Greta en su laberinto e La noche sucks.
Agardamos que esteas contenta entre nós, Blanca, e que nos permitas aprender moito de ti e das túas experiencias no eido da literatura e das letras!
Novelas en castelán
Anatol y dos más (Anagrama, 1996)
La canción de las cerezas (Algaida, 2001), Premio Ateneo Joven de Sevilla
El Sueño de Borges (Algaida, 2005), Premio Tigre Juan de novela
Todo lleva su tiempo (Alianza, 2007), finalista del Premio Fernando Quiñones
Madrid blues (Alianza, 2008)
La noche sucks (Alianza, 2010)
Vuelo diurno (Casa de Cartón, 2012)
Pregúntale al Bosque (Pre-Textos, 2013)
Greta en su laberinto (Alianza, 2016)
Novelas en galego
Noire Compostela (Galaxia, 2016)
Poemarios
Una felicidad salvaje (Huerga y Fierro, 2010)
Antoloxías
Páginas amarillas, Lengua de Trapo, 1998.
De Ariadnas y Penélopes, Castalia, Julio 2002.
Madrid, Nebraska. EE.UU en el relato español del siglo XXI. Edición y prólogo de Sergi Bellver. Bartleby, 2014.1
Premios
1998. Premio Antonio Machado polo seu relato "Isla Decepción".
2001. Premio de novela Ateneo Joven de Sevilla por La canción de las cerezas.
2004. Premio Tigre Juan por Todo lleva su tiempo.
2006. Premio Eñe de relato con "La noche sucks".
2013. Premio Internacional de novela Ciudad de Barbastro, pola súa obra Pregúntale al Bosque.
2015. Premio de narrativa Torrente Ballester.2
2016. Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia por Noire Compostela.
Comentarios
Publicar un comentario