Este curso demos comezo a un proxecto de renovación dos sinais da Biblioteca, mellorando o seu deseño e adaptándoo á clasificación decimal universal (CDU).
É un proceso longo, que comezou nas clases de Fundamentos de Deseño da profesora Laura Molina. De aí sairon os deseños de
Lidia Cejuela e
Nekane Rocha, elexidos entre diversas propostas presentadas. Os distintos equipos de alumnos traballaron nunha das seccións temáticas propostas, que neste caso era a de Ciencias Exactas e Naturais.
Nun segundo paso, as alumnas, nas clases de TEGP, procederon a adaptar os deseños a todas as seccións da CDU, cada unha cun icono e unha cor diferente. Tamén redeseñáronse as subseccións, simplificándoas para que se adaptasen ao elevado número co que contamos.
Polo momento, empezamos a colocar os carteis das seccións, e estamos procedendo coas subseccións
Podedes observar a evolución do deseño nas imaxes seguintes, e algúns dos carteis de seccións xa colocados:
|
Deseño das alumnas |
|
Deseño final |
|
Deseño das alumnas |
|
Deseño final |
|
Carteis das seccións en proceso |
|
Carteis das seccións |
Comentarios
Publicar un comentario