Entrevista a Xulia Pisón na revista Mapoula

Como vos contábamos hai uns días, unha das actividades deste curso xirou arredor da ilustradora Xulia Pisón. Ademáis da charla, traballamos na elaboración dunha entrevista con preguntas feitas en equipo polos alumnos de 2º de BAC, que aparece publicada no número deste ano da Revista Mapoula.

Podedes ver a revista dixitalmente a través deste enlace. Pero, para ir abrindo boca, deixámosvos cunha das preguntas que nos contestou:


· Que consello lle darías á Xulia que estaba a piques de empezar Ilustración e non sabía (quizais) que se atoparía de aí en diante? 

Á Xulia que estaba comenzando con esta aventura diríalle que tivese coidado coas lesións, que non é cuestión do rápido que chegues, senón de chegar con todas as pezas en bo estado. A vós, que estades a piques de tomar decisións de futuro, diríavos que sexades fieis a vós mesmos e que non as tomedes en base a medos. Ademais, a vida da mil voltas  e ningún camiño é definitivo!


Imaxe: Samuel García

Imaxe: Samuel García





Comentarios