Cando Hitler robou o coello rosa, Judith Kerr
Anna e Marx ,os fillos dun matrimonio xudeo, terán que abandonar Berlín cando no 1932 Hitler estea a piques de gañar as eleccións.
O seu primeiro destino será un pequeno pobo, preto de Zurich, en Suiza, lugar ao que pódese chegar sen demasiados atrancos dende a capital alemana.
Alí iran ao colexio e coñecerán novos amigos e verán a realidade do trato aos xudeos de determinadas personas. A familia terá que volver a poñerse en marcha cara a París, onde o pai pode por fin traballar para un xornal e ainda que a súa vida parece normalizarse, pouco a pouco a situación económica faise moito máis precaria. No último momento contratarán ao seu pai para facer o guión dun film polo que, de novo, sairan de París cara a Londres.
A través da situación familiar pódese ver como as ideas de Hitler sobre os xudeos van estendéndose por Europa e as diferentes reaccións da xente.
As aventuras da familia continuan co libro “Na batalla de Inglaterra" da mesma autora.
Comentarios
Publicar un comentario