Estamos de volta!

By AdormiBIBLIO - 28.9.21

Por fin estamos de volta na biblioteca, pero de verdade! Afortunadamente, este curso xa non temos que empregar a biblioteca como aula de grupo, así que podemos volver a acceder a ela con toda a normalidade que nos permiten as normas sanitarias actuais.

Volvemos, ademais, con moitas novidades. Durante o verán aproveitamos para renovar algún mobiliario e crear novos espazos, máis cómodos para ler e compartir experiencias. E non serán os últimos cambios, porque aínda nos faltan por chegar moitas sorpresas.

Nestas imaxes podedes ver que bonita quedou. Benvid@s tod@s!







  • Share:

Tamén podes ler...

0 comentarios